UNHA LINGUA PARA TOD@S!
Neste DÍA DAS LETRAS GALEGAS, vémonos unha vez máis nas rúas de Compostela, para facer visible a DEFENSA DA LINGUA GALEGA, do noso patrimonio. E se estamos aquí de novo é pola deterioración que sufrimos en cuestións como a nornalización lingüística, cuxo orixe é a negativa do PPdG na Xunta en aplicar políticas que permitan a regulación do noso idioma.
Os estudos que emiten o CCG e a RAG corroboran a idea de que cun goberno como o de Feijóo, populista que non popular, non garanten MEDIDAS INCLUSIVAS PARA O GALEGO. A pesar da fachada “galeguista” do actual Executivo no Parlamento galego, a redución da partida orzamentaria destinada ao fomento da lingua galega segue en aumento.
Diante deste panorama de acoso e derribo contra o noso idioma desde a PLATAFORMA GALEGA POLA TERCEIRA REPÚBLICA chamamos a unha FRONTE COMÚN para:
Concienciar á MAIORÍA SOCIAL da necesidade de loitar polo que é noso, tamén polo patrimonio cultural e lingüístico.
Preparar unha FRONTE COMÚN DE ESQUERDAS capaz de tombar ao PPdG nas próximas eleccións.
Impulsar un PACTO UNITARIO, desde o CONSENSO, para traballar nunha nova LEI DE NORMALIZACIÓN que blinde a nosa lingua.
Todas estas medidas, desde logo, non van ter cabida no RÉXIME DO 78, onde se nos impuxo ás nacións e pobos do Estado un centralismo hederado do franquismo. Por iso, hoxe máis que nunca se fai inevitable unha ALTERNATIVA REPUBLICANA, AMPLA E DEMOCRÁTICA. Neste sentido, apelamos a un ENCONTRO CON TODAS AS FORZAS INTERESADAS NESTA PROPOSTA, asumindo o compromiso histórico que temos por diante.
VIVA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
