COMUNICADO DIANTE DA SITUACIÓN DOS PRESOS POLÍTICOS CATALÁNS!

 


 

O sucedido o 1 de Outubro do 2017 en Catalunya é o reflexo dunha realidade política concreta: o modelo territorial imposto pola ditadura e de representación política en forma de Monarquía, emanado da gran estafa que foi a Transición, está a ser posto cada vez máis en dúbida. Cada vez son máis voces as que queremos decidir sobre cuestións fundamentais como o exercicio a libre determinación, un dereito fundamental, recoñecido pola ONU, e o que é negado a través de mecanismos de violencia. 

No transcurso do chamado " procés" a maquinaria de represión estatal acelerouse, ata tal punto que se axuizou a quen defendía o dereito á decidir, e inmediatamente foron encarcerados xa non só dirixentes políticos de formacións legais, se non a representantes de entidades culturais. Que nun Estado que se di "democrático" existan presos políticos é deplorable, e a situación que sofren de inhabilitación é inadmisible. Neste panorama a "nova política", encarnada no Estado Español nas cúpulas de Unidas Podemos, man esquerda do sempre traizoeiro PSOE, non foi capaz de conquistar un cambio profundo do sistema. A proposta dun indulto parcial parece un parche máis que un acto de vontade política. 

Nós esiximos o indulto total, por suposto. Aínda sabendo que moitas deles foron cómplices cos recortes e o desemprego ao que as políticas ao servizo do capital téñennos sometidos, o indulto total é unha cuestión que debería incumbir ás esquerdas, porque é de xustiza con quen reclama maior soberanía para o seu pobo. 
 
E levámolo dicindo desde hai meses, nada bo pódese esperar dunhas institucións ao servizo da oligarquía. É por iso que a ruptura co Réxime do 78 e a Instauración dunha República Democrática, Popular e Federal é de urxencia, para conquistar un marco político onde o ben común sexa a norma, onde os pobos poidan decidir libremente o seu destino. 
 
Pero esta República non vai vir desde a fragmentación da maioría traballadora, se non desde a súa propia unidade, e por suposto desde a súa organización como motor social do cambio, expresado este na unidade popular republicana. Hoxe, como onte, chamamos a sumar esforzos neste sentido.
 
LIBERDADE PARA OS PRESOS POLÍTICOS CATALÁNS! AMNISTÍA TOTAL!
ABAIXO A MONARQUÍA!! POLA AUTODETERMINACIÓN DOS POBOS!!