Toda a soldariedade co pobo palestino!

Dende a Plataforma Galega pola Terceira República participamos na multitudinaria concentración que tivo lugar onte, 16 de Outubro do 2023, na capital galega. Acompañadas do Encontro Galego contra a OTAN difundimos un manifesto deste espazo antiimperialista onde chamábamos a maior unidade posible fronte aos ataques producidos polo goberno sionista de Israel.


A pesar do que se nos di dende os medios de comunicación oficiais, os agresores non son os palestinos que queren vivir en paz no seu territorio, se non as tropas israelíes que, co apoio dos imperialistas ianquis e europeos fundamentalmente, exercen unha guerra constante contra un poco que quere ser soberano e defender os seus territorios.


O noso colectivo promove, por enriba das diferentes sensibilidades dentro das esquerdas, o concepto de solidariedade internacionalista con aqueles pobos que loitan pola súa soberanía. Por isto mesmo aquí vai o noso agradecemento a quenes fixeron posible que centos de personas remataramos na histórica Praza de Praterías gritando: PALESTINA VENCERÁ!