Os colectivos, sindicatos, partidos políticos e persoas a título individual abaixo asinantes queremos denunciar publicamente á Xunta Electoral Central por permitir que na RTVE, nos medios de comunicación públicos en definitiva, emítase unha cuña onde soa o "Cara ao Sol", himno de quen impuxo o sanguinario réxime de Franco. Este alarmante feito contravén á actual Lei de Memoria Democrática, concretamente ao artigo 62.1 no cal se considera como infracción grave as campañas de publicidade onde se faga exaltación persoal ou colectiva da ditadura.
Para quenes defendemos verdade, xustiza e reparación con aquelas persoas que deron a súa vida pola legalidade democrática republicana resúltanos indignante que un goberno que se di progresista non tome medidas drásticas sobre o asunto, aínda que non sorprende tendo en conta o carácter do réxime do 78, herdeiro directo do franquismo.
Por todo iso, en tempos onde a reacción avanza grazas en parte á actitude timorata de PSOE e UP coa ultradereita, cremos que para que este tipo de sucesos non se volvan a repetir, xa non basta con leis insuficientes ou apelacións ao institucionalismo, se non que debemos de unirnos todos os antifascistas, demócratas radicais, nunha fronte capaz de facer posible a disolución inmediata da Falanxe e de calquer outro partido político de corte fascista.
POLA DISOLUCIÓN DO FASCISMO!
NON PASARÁN!!
Colectivos:
Anticapitalistas
Colectivo Republicano de Redondela
Comité Galego do PCE (m-l)
Corrente Vermella
Mocidade pola Independencia
Plataforma Galega pola Terceira República
PCRG
Traballadoras Pensionistas
Unión Anarcocomunista
Sinaturas individuais:
Álvaro Torres Noya
Fernando Ramos Armesto
Héctor Santorum
Ialla González López
Juan Carlos Lage López
Marco Santos Soto
Nicasio Malde Fernández
Nieves Gallego Rey
Comité Galego do PCE (m-l)
Corrente Vermella
Mocidade pola Independencia
Plataforma Galega pola Terceira República
PCRG
Traballadoras Pensionistas
Unión Anarcocomunista
Sinaturas individuais:
Álvaro Torres Noya
Fernando Ramos Armesto
Héctor Santorum
Ialla González López
Juan Carlos Lage López
Marco Santos Soto
Nicasio Malde Fernández
Nieves Gallego Rey
Paco Sampedro
Sonnia Marín Galiano
