SAÚDO A XI HOMENAXE ÁS BRIGADAS INTERNACIONAIS




Desde a Plataforma Galega pola Terceira República saudamos ao XI acto en homenaxe ás brigadas Internacionais e ás compañeiras que fan posible que estea recordo e recoñecemento sexa posible cada ano.

Cúmprense 87 anos da chegada das Brigadas Internacionais: exemplo de compromiso, solidariedade e internacionalismo revolucionario. Decenas de miles de voluntarias que viñeron ao noso país para combater o fascismo e a defender a II República. Ese é o tipo de mulleres e homes que necesitamos. Son o noso exemplo e sabemos que debemos continuar loitando polos nosos dereitos como clase traballadora, fronte ao avance de Vox as e políticas enganosas que finalmente xogan a favor da oligarquía.

Na plataforma Galega pola Terceira República entendemos que só desde a organización e o máximo compromiso e unidade posibles podemos camiñar cara á ruptura co réxime do 78 e os herdeiros do franquismo para construír entre todas unha Terceira República por e para as traballadoras.

Eternamente agradecidas!