Dende
a Plataforma Galega pola Terceira República participamos onte no día da
clase traballadora, o 1 de Maio, na manifestación convocada por
Comisións Obreiras e UXT en Vilagarcía de Arousa, unha cidade
fundamentalmente mariñeira onde a crise iniciada no 2008 ten golpeado
duramente a sectores tan fundamentais para a mesma como a industria
conserveira.
Formando un bloque republicano e
vermello, repartimos bastante propaganda propia entre as decenas de
afiliadas sindicais, militantes de esquerda e persoas que a título
individual esiximos mellores condicións para a nosa clase e un cambio de
xiro nas políticas do gran capital.
A pouca
presenza de xente nesta histórica xornada de loita neste ano, xa non só
en Arousa se non a nivel xeral, vén demostrar a necesidade de que as
forzas rupturistas insistamos, con audacia e firmeza, na unidade
sindical e dotemos ao movemento obreiro dunha perspectiva moito máis
combativa. De non ser así o fascismo, a cara máis violenta de quenes nos
explotan e oprimen, seguirá avanzando.
QUE VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!
ORGANÍZATE CONTRA A MONARQUÍA E O GRAN CAPITAL!!


