A nova da volta ao Estado Español do rei emérito, Juan Carlos de
Borbón, tras ser eximido pola Fiscalía do Tribunal Supremo de calquera
responsabilidade por todos os casos de corrupción e malversación nos que
participou, supón unha auténtica desvergoña por parte dun Réxime, o do
78, ilexítimo e antidemocrático, xa que o mesmo procede do beneplácito
da oligarquía franquista, isto é, da ditadura fascista.
É un feito factible que á Monarquía proporcionóuselle inviolabilidade e impunidade a través dunha Constitución que a día de hoxe non conta co respaldo maioritario dos Pobos de España. Deste proceder emana unha fortuna incalculable en tempos dunha crise que de novo pagámola a maioría traballadora.

Fronte ás actitudes mafiosas dos Borbóns e a conformidade do PSOE, así como a pasividade das direccións de UP, desde a Plataforma Galega pola Terceira República chamamos a recuperar os acenos de identidade das esquerdas do Estado Español: o republicanismo.
Un republicanismo implicado coa loita social e nítidamente rupturista coas estruturas monárquicas. De non ser así, a Segunda Restauración Borbónica consolidaríase, así como o avance do fascismo.