Dende a Plataforma Galega pola Terceira República queremos denunciar a precaria situación do estudantado galego de extracto obreiro e popular. Non é algo novo, as sucesivas crises capitalistas golpéannos cada poucos anos e cada vez con máis frecuencia .A última enmascarada exprésase como crise sanitaria pola pandemia da Covid-19.
Non hai que desagregar a pobreza como os medios de comunicación véndennos, non existe a pobreza enerxética, a pobreza alimentaria… Existe a POBREZA en maiúsculas.
Mentres o custo da vida sobe ano tras ano, a maioría social temos que vivir nunha situación de continua tensión, pensando nas subidas dos prezos de todo tipo de produtos. Unha das máis notorias subidas é a do prezo da vivenda.
Debido á especulación todos os anos vemos máis inaccesibles accións que antes eran rutineiras como a propia emancipación, xa que o 33,7% dos menores de 25 anos en Galicia atópanse no paro.
Este estado oligárquixo só atrasa o inevitable: unha infinidade de desafiuzamentos que se van a facer efectivos cando se acabe a prorrogación da suspensión debido á situación da Covid-19. Mentres o 51% dos arrendadores gaña máis de 40.000€ ao ano, nós temos que malvivir para poder acceder a un dereito fundamental como é a vivenda. Está claro que non podemos seguir vivindo nun sistema que converte os dereitos nun produto que dependa das leis do mercado, e por todo isto esiximos:
Regulación do prezo da vivenda.
Prohibición dos desafiuzamentos.
Subida do IBI a segundas vivendas e deshabitadas.
Creación de parques públicos de alugueiro social.
Modificación da Lei de arrendamentos urbanos.
Garantía do acceso á vivenda.
Todas estas medidas, que desde as esquerdas republicanas consideramos de urxencia, só poden ser conquistas con unidade, firmeza e organización contra o actual marco monárquico que funciona como o cadeado dunha caste decadente e parasitaria, a cal se lucra con innecesarios luxos mediante a nosa explotación incesante.
