Este 10 de Marzo conmemórase o 49 aniversario do asasinato en Ferrol en 1972 de Amador Rey e Daniel Néboa, sindicalistas e traballadores de Bazán. Esta celebración este ano coincide coa convocatoria dunha xornada de Folga Xeral Comarcal, anunciada xa hai meses polas forzas sindicais pero que se foi vendo atrasada pola situación da Covid-19.
A comarca de Ferrolterra actualmente vese inmersa nunha profundización da crise que golpea á rexión xa desde os tempos da chamada reconversión de Felipe González. Hoxe, a clase traballadora ferrolá, atopámonos diante dunha longa lista de ERE ou peches: Poligal, Cándido Hermida, Noa, Galicia Téxtil, Gamesa, térmica das Pontes, centos de despedimentos na industria auxiliar de Navantia, etc. É un acoso e derriba por parte da patronal co apoio de todos os gobernos, incluso os que se autoproclaman "os máis progresistas" desta farsa chamada Transición, que coa escusa do abaratamento de prezos nas producións, cárgase toda forza produtiva para seguir mantendo amplos beneficios. Así é a perversa lóxica neoliberal na que nos meteron desde as alta elites: máis despedimentos e salarios precarios a cambio de luxos inncesarios para unha minoría parasitaria.
Ademais de todo isto, a maioría traballadora vémonos afecada por un grave recorte nos servizos públicos e de dereitos democráticos: a Lei Mordaza por exemplo segue campando ás súas anchas.
Por todo iso, a Plataforma Galega pola Terceira República, vai secundar os paros proclamados, xa non só mostrando solidariedade coa nosa clase, se non chamando a construír unha fronte común contra as políticas en favor da oligarquía, sendo capaces de recuperar espazos e ofrecer alternativas sólidas para saír máis fortalecidos e romper co Réxime do 78, piar básico da dominación contra as e os operarios neste país.
UNIDADE DE CLASE CONTRA O GRAN CAPITAL!!
QUE VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!!!
POR AMADOR, DANIEL E TODOS AQUELES QUE DERON A súa VIDA NA LOITA CONTRA O MONARCO FASCISMO!!!!
Plataforma Galega pola Terceira República
plataformarepublicanagalega@yahoo.com
plataformarepublicanagalega.blogspot.com
plataformarepublicanagalega.blogspot.com
