8 DE MARZO: REPÚBLICA EN FEMININO

 


Este 8M, día internacional da muller traballadora, ven marcado por unha pandemia que está a endurecer mais si cabe a precariedade da maioría social e de xeito moito máis duro as condicións laborales da muller que traballando en sectores esenciales como coidado ou servicios ve cómo a sua situación se vai facendo cada vez mais precaria xa que moitas veces traballase sin contrato ou con contratos a tempo parcial o cal fai moi dificil o abceso a dereitos fundamentales cómo pode ser conquerir unha pensión digna que poda cubrir as necesidades básicas.
 
Galiza ocupa o segundo lugar dentro das pensións mais baixas do Estado, percibindo as mulleres que poden acceder a ela un 37% menos de pensión que os seus compañeiros homes. E si miramos as estadísticas da renta de integración social o 70% son mulleres. 
 
Tamén notáse a desigualdade si miramos as cifras do paro que causou a pandemia. As reduccións de horario, excedencias e renuncias o traballo por ter que coidar a fillos ou maiores dependentes deixa unha cifra oficial de mulleres desempregadas en todo o estado de 2.304.779.
 
O noso traballo non é recoñecido, somos o último eslabón deste sistema capitalista que utiliza ao patriarcado para designarnos un papel que parece innamovible, estamos condenadas a traballar en precario, para poder conciliar traballo e familia, con soldos de miseria e sen dereito por tanto coa suma de estos factores o noso empoderamento e unha vida digna. 
 
Non pedimos a igualdade na precariedade, esiximos a igualdade cos nosos compañeiros na posibilidade de acceder a traballos dignos con soldos adecuados ás nosas capacidades, sen distincións por raza, situación familiar, ou sexo.
 
Se os soldos dos nosos compañeiros xa son de por si precarios, a brecha salarial aínda exercendo o mesmo cargo é evidente, situandose esta a nivel estatal nun 24 por cento.
 
Condenadas a ser meras coidadoras ou limpadoras dentro e fóra do noso fogar e a ser mero obxecto de consumo, vítimas dunha violencia institucional, laboral, social, psicólogica e machista deste sistema
patriarcal, convirtiendonos en simples obxectos decorativos.
 
Somos insultadas, violadas, golpeadas e asasinadas.Estamos en contra de calquer tipo de escravitude, para nós por tanto o enfoque da prostitución non ten que pasar pola legalización ou non da prostitución, se non pola súa abolición e saídas laborais dignas, xa que cremos que na maioría dos casos existe un compoñente de necesidade ecónomica ou afectiva no que non se pode permitir o “mercadeo” nin de “puteros” nin de proxenetas para sacar un beneficio que non deixa de ser unha extensión do dominio patriarcal. 
 
Mención especial merece o sector das empregadas do fogar, sector en situación de invisibilidade, sen contratos en moitos casos, sen dereitos (como o dereito a prestación por desemprego), sen inspeccións...unha situación que se agrava cando falamos de mulleres migrantes que exercen este traballo de limpeza e coidados.
 
As mulleres da esquerda rupturista co réxime do 78 entendemos que o movemento feminista non pode ser reformista, ten que ser transformador, anticapitalista, antifascista, antiimperialista e solidario coa clase traballadora da que forma parte. 
 
Dende a unidade e a organización da clase traballadora sigamos loitando pola igualdade real, esixindo que desde as institucións se poñan tod@s os medios (educación en igualdade, traballos dignos para a maioria traballadora e axudas e colaboración nas tarefas de coidados (garderías, residencias, saf, etc...) partindo tamen de que estos servizos sexan 100% públicos.
 
O avance do fascismo e evidente e golpea duro sobre os sectores da sociedade máis vulnerabeis. Esa realidade sólo se pode mudar desde a organización, unidade de acción e loita neste día e sempre.
 
PLATAFORMA GALEGA POLA TERCEIRA REPÚBLICA
 
plataformarepublicanagalega@yahoo.com