Os traballadores e as traballadoras de ALU IBÉRICA (antiga fábrica de ALCOA na Coruña) levan dende o día 26 de Decembro en Folga tanto para esixir a nacionalización da empresa como para denunciar o despedimento dunha traballadora. A dirección da empresa, acusou a varios traballadores de agresions durante estas protestas, iniciando un expediente sancionador contra catro membros do Comite de Empresa , expediente que rematou tamén non despedimento destes traballadores.
Desde a Plataforma Republicana Galega queremos mostrar o noso apoio a un claro caso de represión sindical onde tentase silenciar e reprimir as protestas das traballadoras e dos traballadores, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa anulou ou ERE de extinción de contratos dos máis de 500 traballadores/as, cunha sentenza que resalta a mala fe da dirección da empresa que quere pechar a fábrica, só co interese da deslocalización da produción co obxetivo de aumentar beneficios.
A loita e a presión na rúa son claves para poder conseguir vitorias mentres o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza non fagan algo que realmente protexa a industria nacional e os postos de traballo. Necesitamos un amplo fronte sindical, político e social cun programa reivindicativo apoiado coa suficiente forza para obrigar ao goberno e ao capital a facer concesións, e que vaia máis aló, na loita polo cambio de réximen, por todo isto desde a Plataforma Republicana Galega chamamos a secundar a manifestación do 27 de marzo na Coruña.
Unidade, organización e loita polos dereitos da clase traballadora!
Saúde e República!
