Como cada ano, este 8 de marzo de 2023, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, saímos ás rúas e prazas dos nosos pobos e cidades para reclamar os nosos dereitos como mulleres e traballadoras.
Despois
da pandemia COVID-19, a actual guerra interimperialista en Ucraína
segue azoutando social e laboralmente con especial virulencia a toda a
clase obreira, e sen dúbida moito máis ás mulleres, que, como sempre nos
momentos mais difíciles, e en todas as crises económicas somos as mais
perxudicadas.
Porque a
situación real das mulleres pódese visualizar directamente mesmo cuns
poucos “datos oficiais” xa que o paro aféctanos nunha porcentaxe (case o
59%) moito mais elevada que aos homes. Soportamos tamén o maior número
de contratos a tempo parcial, ademáis de realizar os traballos máis
precarizados e socialmente menos recoñecidos, como coidados en
residencias de maiores, camareiras de hotel, limpadoras e servizo
domestico…
As reducións
de xornada por coidados son, en máis dun 80%, de mulleres traballadoras
xa que nos encargamos, ademais, do traballo domestico, do coidado de
menores, maiores persoas dependentes…
As
familias monoparentais, que están moi maioritariamente formadas por
mulleres cos seus fillos e fillas, encabezan os datos de familias que
están “baixo do limiar da pobreza”, é dicir, que nin sequera teñen
garantidos a subsistencia máis básica, casa, comida, roupa, educación…
Esta
situación conleva que a brecha salarial existente entre homes e
mulleres persista ou aumente (segundo a referencia que tomemos) ano tras
ano. Agora mesmo está en torno ao 28%. Ademáis, esta brecha salarial
persistente durante a nosa vida laboral conleva tamén unha brecha, aínda
máis importante, nas pensións.
Aproveitamos
este día para lembrar a esas mulleres migrantes, que non pode conseguir
os seus papeis para poder ter un traballo recoñecido con dereitos, e
que seguen na mesma situación durante anos. Por iso denunciamos a Lei de
Estranxeiría e esiximos o peche inmediato dos CIES, porque ningunha
persoa é ilegal.
Este 8
de marzo tamén lembramos ás mulleres que nos seus países sofren
mutilación xenital, ás mulleres que non poden decidir sobre o seu corpo e
que perden a vida en abortos clandestinos ou en partos sen coidados
médicos.
Por todo isto,
as republicanas organizadas na Plataforma Galega pola Terceira República
entendemos que é hora de unirnos para defender as seguintes medidas:
1. Promover grupos de autoaxuda entre as mulleres traballadoras, co fin de avanzar na nosa autonomía
2.
Destinar partidas orzamentarias para unha inserción laboral específica
da muller 3. Reorganizar o horario laboral para homes e mulleres, co fin
de garantir igualdade na conciliación familiar
4. Reforzamento das secretarías da muller no sindicalismo de clase
5.
Abolición da prostitución e medidas que axuden ás mulleres prostituídas
á súa desenvolvimiento vital. Persecución de redes de prostitución e
pedofilia
6. Recoñecemento e valoración do traballo doméstico e do servizo de atención a dependentes no fogar cento por cento público
7. Equiparación e ampliación dos salarios laborais
8. Crear instituciónes xudiciais específicas para a violencia machista
9. Dereito ao aborto libre e gratuíto
10. Implantación de materias académicas de claro carácter igualitario
11. Eliminación da influencia na educación do Catolicismo, claramente sexista
12. Ruptura cos falsos roles de xénero
13. Creación dun Estado Laico onde a relixión sexa apartada da vida pública
14. Participación activa da muller asalariada na vida política, para controlar e ampliar as nosas demandas específicas
15.
Derrogación na súa totalidade das reformas laborais, que fixeron
proliferar o contrato a tempo parcial, que padecemos especialmente as
mulleres e que alimentan a brecha salarial
16. Non á guerra, non á OTAN, retirada de todas as tropas de Ucraína
ORGANIZADAS SOMOS INVENCIBLES!
