POR UN 1 DE MAIO REPUBLICANO E ANTIFASCISTA!

 


 

 Dende a Plataforma Galega pola Terceira Republica queremos denunciar a precariedade que sufrimos a clase obreira galega, a cal vai en aumento nun ano marcado pola subida do nivel de vida, provocada a mesma polo aumento de prezos dos productos de primeira necesidade, dende os alimentos ata unha vivenda de calidade. 


Empregando o pretexto da guerra inter imperialista da Ucraína para poder sangrar maís á clase traballadora, vivimos nun momento complicado onde nos ameazan coa necesidade do ascenso dos anos de xubilación para poder salvar nun futuro as pensións, facéndonos traballar ata que non demos máis de nós namentres a cifra de paro na mocidade non para de subir, obrigandoa a emigrar na procura dun futuro mellor. 

Non podemos deixar pasar o papel que está xogando a aristocracia sindical do estado, ignorando o contexto de frustración da maioría social, e optando pola complicidade co goberno disque progresista e coa patronal antes de posicionarse cos intereses da nosa clase. 

Diante deste panorama dende a nosa posición chamamos a non abandoar esos espazos e a loitar dentro dos sindicatos para poder recuperalos. Co exemplo da loita do pobo francés podemos coller como referencia o seu camiño para loitar contra este tipo de reformas, nos puntos que temos en común como a reforma das pensións e a subida da idade de xubilación. En tanto que a maioría traballadora francesa loita de manera organizada para ter un futuro mellor, nós estamos cada vez maís lonxe dunha folga xeral para conseguilo. 

Por isto último, e por mais cousas, neste 1° de maio chamamos a toda a clase obreira e á mocidade a sair ás rúas, a organizarse, a participar nas manifestacións para poder conseguir cambios mentres fortalecemos o movemento obreiro e popular cunha perspectiva antifascista e republicana. 

Viva o 1° de maio! Viva a loita obreira e popular!!