O autoproclamado goberno máis progresista da historia preséntase como o anfitrión do imperialismo europeo ao preparar o Cume da OTAN para os días 29 e 30 de Xuño do 2022 en Madrid, coincidindo a cita co 40 aniversario da entrada da OTAN por parte do Estado Español, cómplice dos ditados do gran capital europeo e norteamericano fundamentalmente.
A OTAN, creada en 1949 como organización militar das potencias libre mercantilistas fronte á vitoria soviética sobre os nazis, rectifícase no presente como unha maquinaria bélica que provoca masacres incesantes en forma de guerras contra aqueles pobos que non se someten aos ditados dos monopolios oligárquicos.
O anuncio do Cume sinala efectivamente que a actitude da coalición PSOE - UP segue sendo a dos seus predecesores: sometemento ao imperativo dos poderes económicos e ao seu brazo sanguinario. Non cabe dúbida de que estamos a falar dunha pseudo esquerda, que coa escusa do posibilismo, incrementa o gasto militar mentres privatiza servizos públicos en plena pandemia do Covid19, rectificando así o seu deriva traizoeira e pactista. Esto pódese comprobar coas constantes esixencias dos EEUU no relativo ao desembolso armamentístico e a contribución económica á OTAN de cada estado membro, cartos que van en detrimento das necesidades e servizos sociais: creación de emprego e mellora dos salarios; pensións dignas; sanidade e cumplimento da Lei de dependencia; ensino etc...
Contra os riscos que supón este encontro da Alizanza cabe recuperar por parte das esquerdas o espírito unitario de loita obreira e popular dos Comité Anti-OTAN, forxados nos anos 70 e 80. Por iso, desde a Asemblea Republicana Galega chamamos, en primeira instancia, a organizar CONCENTRACIÓNS UNITARIAS COMARCAIS de rexeitamento ao Cume, e en segunda instancia, ir avanzando cara a unha fronte antiimperialista, antioligárquica e antifascista, que fundamentalmente nas rúas, constrúa unha alternativa ao decadente Réxime do 78.
OTAN NON! BASES FÓRA!!
UNIDADE E LOITA CONTRA O IMPERIALISMO!!