DIANTE DO ACORDO ENTRE O GOBERNO ESPAÑOL E UCRAÍNA PARA GASTO MILITAR

 


A clase traballadora europea (e por suposto a galega) sufrimos tempos de guerra desde a invasión rusa sobre Ucraína e a inmediata resposta da Unión Europea e da OTAN. Os gobernos do capital europeo, desde o cumio en Madrid hai dous anos da Alianza Atlántica, impuxeron o incremento do gasto militar en prexuízo do público e da soberanía. Namentres a presidenta europea Von Der Leyen está dando ás á reacción, creando un caldo de cultivo para un futuro onde se quere instaurar a formación militar obrigatoria, preparándonos para loitar en conflictos abertos. 

Onte o acordo do Goberno Español de vender a Ucraína armas militares valoradas en 1.129 millóns de euros vén rectificar este roteiro. Nun acto presidido pola cabeza visible da Monarquía imposta pola ditadura e que ninguén votou, Felipe VI, recibiuse ao filofascista Volodímir Zelenski, saltándose inclusive toda legalidade burguesa. Por todo iso, desde a Plataforma Galega pola Terceira República queremos chamar á unidade antiimperialista, xa non só para denunciar esta situación, se non para acabar con todo vestixio antidemocŕatico.