O pasado 9 de xuño celebráronse as eleccións ao Parlamento Europeo. Con respecto aos resultados desde a Plataforma Galega pola Terceira República queremos resaltar dous puntos importantes do que está a suceder, non só a nivel europeo senón tamén a nivel estatal.
Por unha banda queremos denunciar o aumento da extrema dereita xa que pasou de ter o 10,2% ao 24,3% actual, aumentando así de maneira notable en todos os países. Este ascenso podémolo ver en España coa subida Vox sendo terceira forza con 9,6% e en como se presentou un grupúsculo fascista e populista baixo as siglas “Acabouse a Festa” sacando 3 escanos cun 4,6% do escrutinio.
Doutra banda, o segundo punto é o da nosa preocupación fronte o hartazgo da clase traballadora de ver como as políticas sociais quedan en segundo plano por unha loita de cadeiras de brazos entre as distintas forzas autodenominadas de esquerdas, xa que compartindo un programa idéntico de reformismo cortoplazista a mesma quedou dividida organicamente por buscar un beneficio propio, tratando de maquillar a situación desde as institucións sen saírse do roteiro marcado polo capitalismo, facendo caso omiso da necesidade de organizarse no traballo, nos barrios e nas rúas como única vía para alcanzar cambios reais. Un sentir de desapego, agudizado por esa falta de referentes políticos, que pode capitalizar o bloque reaccionario e parece que o pode estar facendo.
Fronte a este panorama dicimos que non é o momento de tirar a toalla vendo como crece a dereita, que é o momento de organizarnos e recuperar o esforzo por construír unha auténtica esquerda, organizada a mesma desde as clases traballadoras cunha unidade popular real que loite por cambiar os principais problemas do país, (desemprego, precariedade, baixos salarios, vivenda,..) e os cales non serán resoltos nin na Monarquía Parlamentaria nin na Unión Europea. Para iso chamamos á coordinación de todas as forzas republicanas de esquerda, e polo tanto rupturistas, galegas baixo un programa mínimo común.
FRONTE O FASCISMO, UNIDADE REPUBLICANA!
