CRÓNICA DO 27 DE SETEMBRO EN VIGO: POR BAENA, SÁNCHEZ BRAVO, GARCÍA SANZ, TXIKI E OTAEGUI! POLA REPÚBLICA!

 Dende a Plataforma Galega pola Terceira República acudimos a homenaxe aos últimos fusilados polo franquismo e as vitimas da ditadura en xeral organizado pola Comisión 27 S de Vigo no cemiterio do Pereiró. 


Tres dos asasinados eran do PCE (m-l) e do FRAP (Baena, Sánchez Bravo e García Sanz) e dous de ETA (Txiki e Otaegui). Compre aclarar que non eran terroristas como vulgarmente soen decir dende os medios de comunicación da oligarquía, se non que simplemente querían liberar aos pobos de España da reacción fascista. 
 

 

O seu exemplo de coherencia e firmeza nos principios ideolóxicos antifascistas e republicanos deben de ser recuperados pola esquerda que se di transformadora. Compre unidade, organización e combatividade para conquistar máis e mellores dereitos como maioría social e crear un marco común que blinde os mesmos, xa que o Réxime do 78 e a súa Constitución simplemente garanten a supervivencia de quenes nos condean a crises permanentes, dunha minoría parasitaria e individualista.

A mellor homenaxe para este militantes e outros, en plena crise da Monarquía Borbónica herdeira do franquismo, e construir unha alternativa política e social pola Terceira República. Neste camiño atopámonos. 

VIVA A LOITA CONTRA A DITADURA! HOXE, COMA ONTE, UNIDADE POPULAR!!