EN SOLIDARIEDADE CON IZQUIERDA CASTELLANA

 

O pasado venres 6 de Agosto o partido político Izquierda Castellana facía público un novo intento da súa ilegalización por parte do Ministerio de Interior, a través dun procedemento burocrático da Audiencia Nacional. 
 
A escusa esta vez é que, segundo a Xustiza, IZCA "non axustou os seus estatutos aos cambios introducidos pola reforma lexislativa da Lei Orgánica de control da actividade económico-financeira dos Partidos Políticos aprobada en 2015", aínda sen que esta formación non recibise ningunha subvención. Esta reforma, aprobada polo PP, non foi derogada pola coalición gobernamental entre o PSOE e PODEMOS, aínda a pesar de que se auto definen como o "goberno máis progresista da Transición". 

Isto é un atropelo máis ás liberdades políticas e colectivas por parte dun Réxime, o do 78, que segue perseguindo a colectivos e militantes da esquerda republicana e rupturista mentres que normaliza o fascismo, do cal é totalmente herdeiro, e neste momento é VOX a súa cabeza máis visible. 
 
Desde a Plataforma Galega pola Terceira República, en consecuencia como republicanos e cos nosos valores de xustiza social como bandeira, chamamos á unidade das esquerdas e á solidariedade obreira con IZCA e con quenes loitna por un mundo mellor e son perseguidos sistematicamente pola Monarquía Borbónica e os seus partidos. 
 
NON Á ILEGALIZACIÓN DE IZCA, SI Á ILEGALIZACIÓN DE VOX
POLA SOLIDARIEDADE ENTRE OS POBOS! 
 
Santiago de Compostela, 10 de Agosto