AS REPUBLICANAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

 


 

Este 25 de Novembro voltamos unha vez mais as rúas a berrar alto e claro un NON Á VIOLENCIA MACHISTA, violencia que afecta dun xeito moito máis evidente as mulleres da clase traballadora xa que a súa escasez de recursos fai moito mais difícil a salida de situacións de maltrato.


Si falamos de violencia física decir que no que levamos de ano o terrorismo machista contabiliza 37 mulleres asasinadas no estado español. Non é difícil concluir que o asasinato é o último eslabón de situacións de violencia prolongadas no tempo, e que podemos falar de distintos tipos de violencia. A Psicolóxica, na que ademáis de insultos se chega a empregar as fillas (violencia vicaria), a sexual (explotación sexual, publicidades sexistas) e a institucional (amparando as desigualdades ou non tomar medidas efectivas ante esta, mais alén de golpes de efecto ou medidas escaparate.


As mulleres traballadoras siguen atopándose con roles que as cosifican e que fan imposible o seu desenrolo como parte importante da sociedade. Moitas delas abocadas ao papel de coidadoras en domicilios ou empregadas de fogar, formando parte destos dous colectivos un importante número de mulleres migrantes.


As auxiliares do SAF, un servizo esencial recoñecido así en tempos da pandemia, ollan como este sector é privatizado e xestionado por empresas que buscan o seu beneficio enriba das costas económicas e físicas das traballadoras que repercuten na atención aos nosos dependentes. (salarios por debaixo do SMI e enfermedades profesionaies non recoñecidas, labouras que non lles corresponden…)


Outro sector, o das empregadas de fogar, sigue a día de hoxe sen o dereito de cobrar a indemnización do desemprego polos contratos a tempo parcial ou temporal (no caso de existencia dos mesmos), véndose na obriga de aceptar estas condicións a cambio de salarios paupérrimos. A xubilación nos dous casos e mínima. Podemos falar por tanto de “feminización da pobreza”.


Para as republicanas organizadas na Plataforma Galega pola Terceira República, todo o antes expresado responde a lóxica da violencia sistemática que defende a Monarquía Española. Sen unha alternativa á mesma, vémonos condeadas a seguir sufrindo idiscriminación. Polo tanto, entendemos que e hora de unirnos para defender as seguintes medidas:


1. Promover grupos de autoaxuda entre as mulleres traballadoras, co fin de avanzar na nosa autonomía


2. Destinar partidas presupuestarias para unha inserción laboral específica da muller


3. Reorganizar o horario laboral para homes e mulleres, co fin de garantir igualdade na conciliación familiar


4. Reforzamento das secretarías da muller no sindicalismo de clase


5. Abolición da prostitución e medidas que axuden ás mulleres prostituídas o seu desenrolo vital. Persecución de redes de prostitución e pedofilia.


6. Recoñecemento e valoración do traballo doméstico e do servizo de atención a dependentes no fogar cen por cen público.


7. Equiparación e ampliación dos salarios laborais


8. Crear institucións xudiciais específicas para a violencia machista


9. Dereito ao aborto libre e gratuíto


10. Implantación de materias académicas de claro carácter igualitario


11. Eliminación da influencia na educación do Catolicismo, claramente sexista


12. Ruptura cos falsos roles de xénero


13. Creación dun Estado Laico donde a relixión sexa apartada da vida pública


14. Participación activa da muller asalariada na vida política, para controlar e ampliar as nosas demandas específicas


ORGANIZADAS SOMOS INVENCIBLES!