18-F: NINGÚN VOTO PARA Á DEREITA POLA UNIDADE DA ESQUERDA REPUBLICANA!


Xa son moitos anos os que os galegos seguimos sufrindo as políticas abusivas do PP, padecendo recortes e privatizacións nos sectores públicos máis fundamentas como son a sanidade e a educación mentres o noso nivel de vida complícase debido á subida xeneralizadas de prezos en  vivenda, alimentación e ao resto de produtos básicos para a vida cotiá, acompañado todo isto da dificultade dos mozos para empezar a súa vida laboral cunha taxa de paro do mais do 20% nos menores de 25 anos, marcada pola desindustrialización dos nosos sectores crave.

Sendo conscientes de que desde un goberno estatal ao servizo da oligarquía non se van a poder facer reformas profundas no sistema, debido a que sen saír da Unión Europea e conseguir abolir a á Monarquía pensar o contrario é unha quimera, as esquerdas debemos de loitar por acabar co Réxime do 78.

Por isto, mentres seguimos traballando no obxectivo antes mencionado, desde a Plataforma Galega pola Terceira República chamamos á cidadanía galega a non darlle ningún voto á dereita e a esixir a calquera goberno que se autoproclame de esquerdas este mínimo de medidas de urxencia para liquidar a situación que sufrimos a maioría social:

• Aumento dos fondos en educación, sanidade e administración local.

• Rescisión das comisións bancarias e control sobre os abusos da banca.

• Establecemento de límites ao prezo do alugueiro e control sobre os pisos chamados turísticos.

• Incremento dos impostos ás grandes fortunas.

• Desenvolvemento dun plan integral para a igualdade da muller.

• Supresión das peaxes nas autoestradas como a AP-9.

• Mellora do sistema de transportes públicos debido á falta de medios para moverse do rural ao urbano.

• Priorización das axudas sociais en base ás rendas.

• Industrialización de Galicia baixo control democrático.

• Reforzamento da educación pública en galego e con gratuidade de matrículas e libros de texto.

• Potenciación do noso idioma e cultura en todos os espazos da administración pública.

• Prohibición do tránsito marítimo de mercadorías perigosas para o noso ecosistema.

• Defensa da información sen manipulación, transparente, plural e ao servizo do pobo.

• Incremento do investimento público nos sectores da agricultura e a pesca.

ESTE 18 DE FEBREIRO: NINGÚN VOTO PARA A DEREITA!