10 ANOS DA ABDICACIÓN DO REI XOAN CARLOS I... E SEGUIMOS SEN TERCEIRA REPÚBLICA

 


O 19 de xuño de 2014 fixérase oficial: o emérito abandonara a Xefatura do Estado. Xa o 2 de xuño todas quedabamos perplexas cando Xoan Carlos I comunicábanos a noticia e asegurounos que encabezou unha “democracia moderna plenamente integrada en Europa”. Desde cando a monarquía é moderna e dános pleno dereito á cidadanía para votar ao noso representante principal?


Non máis lonxe da realidade, a monarquía segue o seu curso: aos seus 76 anos, delegaba no seu fillo Felipe, que encarna a “estabilidade”, que é “aceno da institución monárquica”, segundo di el. A abdicación fíxose efectiva a través dunha lei orgánica aprobada nas Cortes Xerais (3/2014), apoiada polos artigos 57.5 e 62 a. da Constitución, que veñen dicir que o Presidente do Goberno apoia o que o rei diga, e que o rei pode sancionar e promulgar as leis ao seu antollo. Vamos, que o rei decidiu xubilarse e todos os representantes do Congreso aplaudíronlle a súa decisión.

Con todo, habería algunha forma de cambiar a historia nese momento? A monarquía obsoleta de España segue apoiada por un goberno parlamentario que lle lambe o cu ao rei e unha constitución arcaica. Non pode haber un suposto representante “anti-monarquía” no Congreso (aínda elixido entre todos) porque o rei ten o poder de disolver as Cortes se non é da súa agrado. Entón, se de forma reformista non podemos cambiar o “chupar do bote” da monarquía, como podemos facelo?

Só nós teremos poder se nos colectivizamos, organizamos e imos ao unísono para loitar contra unha inxustiza tal de poder de goberno. A monarquía non representa ao pobo, non é votada polo pobo e só constitúe un intento de manter un “status quo” de poder e adquisición de riquezas sen xustificación.

Fagamos todas xuntas unha labor de solidariedade para o pobo, co pobo unido, para que Felipe sexa o último rei de España e proclamar unha Terceira República que nos represente de verdade.

Plataforma Galega pola Terceira República